ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (Agapap) celebrará o sábado, 23 de abril, a súa décima reunión anual no Edificio Cersia de Santiago de Compostela. Esta cita, que reunirá a un cento de pediatras de Galicia e do resto de España, consolidouse como un evento de referencia para os profesionais da atención primaria, quen buscan solucións aos
A primeira intervención do programa atenderá ao diagnóstico e tratamento da alerxia a medicamentos. Este relatorio correrá a cargo do doutor Manuel Fenda Paris, xefe do Servizo de Alergología do Hospital Universitario Lucus Augusti, quen presentará e analizará varios casos clínicos.
O doutor Jesús Marque Marque, coordinador médico da Clínica Amerguín de Santiago de Compostela, especializada en patoloxía e rehabilitación deportiva, será o relator do seminario que tratará sobre o neno deportista e as lesións que se poden derivar desta práctica. Valls Durán destaca o papel do exercicio físico "como antídoto contra a epidemia de obesidade que afecta os nosos menores".
Dada a coincidencia da xornada coa celebración do Día do Libro, a clausura correrá a cargo de Juan Mata Anaya, profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Granada, divulgador literario, autor de libros sobre a pedagoxía da lectura e a escritura, e defensor da lectura en relación ao benestar persoal. A súa conferencia Lecturas, emocións e saúde pechará esta reunión.
Agapap
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria naceu en 2005 para dinamizar e ilusionar o traballo dos pediatras de atención primaria, mellorar a calidade das súas condicións de traballo e dignificar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación.
Agapap, que conta con máis de 200 socios, forma parte da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (Aepap) pero actúa de forma autónoma para alcanzar os seus obxectivos comúns.