ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nen a crise económica bota abaixo o Entroido de Laza (Ourense). Segundo o presidente da asociación de amigos do Entroido Miro Merino, este ano a localidade ourensán acolle máis visitantes que ningunha outra edición da história. Esta tarde todo está preparado para queimar ao Meco na Praza da Picota.
Os actos do remate do Entroido de Laza principiarán pola saida do testamenteiro. Fará un relato en verso de todo o acontecido no ano. Logo repartiráse o burro entre os veciños e veciñas significadas aos que lle ocurrira algunha anécdota nestes últimos tempos. Todo finalizará co enterro e a queima do Entroido.
Moitas versións existen sobre as orixes deste peculiar Entroido de Ourense. Hai quen se remonta ás festas paganas dos romanos, e quen situa na Idade Media o comezo da orixinal xolda, equiparando os peliqueiros aos cobradores de impostos do condado de Monterrei.