Os peores terrores están ao noso arredor

Os peores terrores están ao noso arredor
23 de Xuño, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Dentes de Coello é unha peza na que os terrores nocturnos cobran vida máis aló do somnambulismo ou da infancia. A través dunha misteriosa viaxe polo monte, Paula Carballeira propón unha reflexión sobre a nosa sociedade, en relación cun tema de importancia para a mocidade: os videoxogos.

 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

Dentes de Coello envólvenos nun bosque no que perviven as pantasmas. A orixe da historia está nun conto que un rapaz veciño da súa casa lle contou a Paula Carballeira. Todo o misterio que rodea a desaparición de María, a protagonista do último libro da autora fenesa, e os obxectivos á hora de compoñer unha peza teatral destas características son desvelados este xoves por Paula Carballeira no Clube de Lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora