Os personaxes perfílanse conforme se elabora a novela

Os personaxes perfílanse conforme se elabora a novela
18 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Allariz

O licenciado Xoán de Freixedo, a poderosa condesa Inés de Velasco ou o astuto inquisidor Diego de la Cantera son personaxes da novela “A soidade do inquisidor”.  Alberte Blanco construíu amodiño os personaxes desta novela de investigación histórica publicada por Xerais. Vanse perfilando, cobran vida, conforme se vai elaborando a novela, indica o escritor. 

ESCOITA O PODCAST:

Alberte Blanco fala de "A soidade do inquisidor":
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/160325BLANCO.mp3

Alberte Blanco en Radiofusión

“As terras de Monterrei merecían unha obra arredor da Idade Media” afirma Blanco quen tamén apunta ao camiño de Santiago como un tema moi inspirador para a creación literaria. A novela histórica é unha ferramenta útil para divulgar aspectos do pasado.

Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela, rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo iniciará a pescuda co fin de aclarar a natureza dos feitos.

Cultura

Publica o teu comentario agora