Os pinceis de Artemisia edítase en galego

Os pinceis de Artemisia edítase en galego

05 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O libro “Os pinceis de Artemisia. Experiencias de formación para a equidade de xénero”, publicado en castelán na primavera deste ano; publícase tamén en lingua galega e faise a súa presentación o próximo 13 de outubro ás 18.00 horas, en Santiago de Compostela, na Fundación Novacaixagalicia. Asistirán ao acto, Encina Villanueva, coordinadora da publicación; Larry José Madrigal e Walberto Tejada, do prog

A nova publicación, dirixida a profesionais da educación, persoal técnico de ONGDs e administracións públicas, afronta a formación para a equidade e ten como meta lograr unha cidadanía equitativa, non sexista e comprometida cos dereitos humanos das mulleres.

A publicación xéstase no marco do proxecto: “Sistematizando metodoloxías exitosas para traballar a equidade de xénero en Educación para o Desenvolvemento”, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID). Publicouse en castelán, catalán, éuscaro e galego.

 A educación é unha condición indispensable para o logro dunha sociedade máis equitativa, e esta publicación quere contribuír á promoción de sociedades máis xustas. As nosas sociedades xeran inequidade cando promoven políticas económicas e sociais que profundan as desigualdades e desde un sexismo que prexudica a mulleres e nenas.

O libro repasa brevemente a historia do feminismo, o movemento de mulleres e a práctica educativa para finalizar con propostas metodolóxicas sobre teoría de xénero, dereitos das mulleres e linguaxe inclusivo, entre outros temas.

 

Sociedade