ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"Galicia é a penúltima comunidade na ratio de atención ás persoas dependentes" afirmou esta tarde nun acto en Fene, a deputada do BNG Ana Pontón, quen tamén negou que a crise económica sexa a causante dos recortes nos Servizos Sociais. "O PP privatiza a xestión das residencias da terceira idade e demorou a apertura de centros de día públicos porque queren entregarlle á empresa privada ese tipo de servizos, ainda
No acto o candidato á alcaldía de Fene polo BNG Juventino Trigo, manifestou a súa vontade de esixir á Xunta de Galicia a construción da segunda galescola na zona de Barallobre e Maniños e a habilitación dun centro de día para a atención de persoas maiores e dependentes. O delegado da CIG no Colexio Terra de Ferrol (antigo Carmen Polo) Adriano Castet, denunciou o empeoramento e encarecemento dos servizos no centro Souto de Leixa para a atención de persoas discapacitadas psíquicas maiores de 21 anos. "A privatización dese centro e a súa entrega á empresa Clece provocou 54 despidos, un deterioro grave no seu funcionamento e o denominado repago, xa que pagamos a través dos impostos para construir edificios públicos, e agora as familias das persoas atendidas no centro teñen que volver a pagar polo comedor e polo transporte, esquencendose do conceito de servizo público" indicou o sindicalista.