Os porqués da dopaxe

Os porqués da dopaxe
05 de Abril, 2021 - 10:36 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo Vilanova faise eco das repercusións da dopaxe entre os deportistas e as connotacións tan negativas que ten esta práctica. Hai que pensar que detrás da dopaxe hai grandes campións.

ESCOITA O PODCAST:

“So con que saia o teu nome mencionado xa tes un problema” advirte José Barcia, facéndose eco da recente intervención televisiva do polémico doutor Eufemiano Fuentes citando a Fermín Cacho, entre outros deportistas. Barcia convídanos a poñernos no sitio destes deportistas. “Ë a súa palabra contra a do doutor”. Un asunto moi controvertido porque o vocábulo “dopaxe” ten significados moi negativos. Relacionámolo enseguida con drogas malas e con facer trampa. Isto fainos preguntar se todos os grandes deportistas fixeron trampa. Non se pode simplificar o problema cos dous protagonistas; deportista e médico. Pregúntase Barcia, e os adestramentos, e os anos de traballo?. Para ser un campión xa tes que selo a maiores de recibir algún tipo de axuda.

Barcia fainos outra pregunta: toda sustancia é dopaxe?. Hai moitas formas de intervir no rendemento (sustancias, transfusións…) Hai sustancias prohibidas pero as que non están nese listado pódense tomar. Moitas sustancias teñen que ver coa recuperación. “Non en todos os deportes e non en todos os países temos a mesma lexislación neste campo. A mellor reflexión quizás que deixa no ar O psicólogo José Barcia é esta: “Para que un deporte de competición sexa un produto consumible, ten que ser espectacular” E pon o exemplo do ciclista loitando contra a montaña, cun sufrimento case inhumano, ou o futbolista que xoga moitos partidos en moi pouco tempo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora