Os premios aos novos narradores de Fene

Os premios aos novos narradores de Fene

28 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene, ao fin. Con esa frase debian comezar os textos presentados ao I Certame de Microrrelatos de Fene. A narración tiña ademáis que contar con menos de 150 palabras. O concelleiro de Cultura Edgar Vigo e as equipas de normalización lingüística entregaron este mediodia os premios aos gañadores. Recibiron ademáis unha publicación cos relatos galardonados.

Na Casa da Cultura de Fene entregaronse ás 12 os premios do I Concurso de Microrrelatos. Os seis premiados nas distintas categorías procederon á lectura de cadanseu relato e recibiron consolas e ordenadores portátiles como agasallo. No acto presentouse unha publicacion cos textos seleccionados para a fase final do concurso, que presentou o concelleiro de Cultura, Edgar Vigo. No nome do xurado que compuxeron mestres e alumnos, falounos a profesora da Xunqueira, Pilar Vázquez, que non dubidou da convocatoria dun segundo concurso. Destacou a calidade dos relatos e da sorpresa que supuxo comprobar que tras da frase clave, Fene, ao fín, podía haber tantas historias diferentes.

 

Resultaron premiados Uxía Castro (Colexio A Xunqueira de San Valentín) Roque Sanfiz (Ies Fene) Sabela Silvar (Colexio A Xunqueira) Adrián López Canosa (Ies Fene) Aldara López Teijeiro (Colexio Centieiras de Perlío) Icia Sanmartín (Ies Fene) Joel Cartelle (Colexio A Xunqueira) Soraya Filgueiras (Ies Fene) Sara Cribeiro (Ies Fene) Noelia González Albariño (Ies Fene) Sarai Pico (Colexio Centieiras) Lorena Lobeiras (Colexio Jorge Juan) e Alicia Puentes (Colexio Jorge Juan).

Sociedade