Os privilexios de Madrid

Os privilexios de Madrid
13 de Xaneiro, 2022 - 10:34 h. | Publicada por Radio Fene

O Estado privilexia Madrid en detrimento do resto da península. Iso é así pola globalización, pola privatización das grandes empresas públicas e pola potenciación do centro para evitar as tendencias centrífugas. Nas últimas décadas Madrid é a cidade europea que máis medrou. A capital política absorbe todo o centro peninsular e concibe toda a península como lugares desde onde extraer riqueza. O metro de Madrid é o terceiro máis grande do mundo. A T 4 representou o 55% do deficit de AENA. Esa idea xa ven de lonxe, segundo o filósofo Antón Baamonde, autor do libro “Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto,as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global” (Galaxia, 2021)

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

Pero fronte a esa realidade, Baamonde lembra que Galicia ocupa unha posición central no tráfico marítimo mundial. “Hai que poñer en valor á costa”, indica.  As cidades medran porque a xente abandona o medio rural. Galicia ten o problema do denominado inverno demográfico. Que haxa poboación depende de que haxa traballo. Antón Baamonde non ten fórmulas máxicas pero defende a necesidade de densificar e comunicar mellor a rede urbana entre Ferrol e Porto. Na Galicia de hoxe o medio rural é marxinal, para Antón Baamonde.. El quere acentuar a importancia na xeración de riqueza de empresas como Citroen e Zara. Destaca que Portugal ten clara a liña ferroviaria que necesita para favorecer o desenvolvemento. Saben que o AVE entre Lisboa e Madrid a quen beneficia é a Madrid. Hai moito que facer para rendibilizar e potenciar por exemplo os portos galegos.  Cada cidade galega ten o seu propio carácter. As identidades urbanas – A Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol,... – son un país ignoto por explorar. Quizais os filósofos teñan que aprender dos gatos sobre o sentido da vida. Pero seguro que a cidadadanía de Galicia debía impregnarse de algo do sentido común que desprende Antón Baamonde.

Presentacións
Presentaron este libro de Antón Baamonde, en Vigo, o presidente do PSdeG PSOE Xaquín Fernández Leiceaga e na Coruña a portavoz nacional do BNG Ana Pontón. En Santiago o historiador Lourenzo Fernández Prieto e no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión.falaron del Antonio Tizón, Bieito Iglesias, Henrique Sanfiz e Antón Baamonde. 

Cultura

Publica o teu comentario agora