ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chega o sol, e con el a asistencia ás praias e o desexo de dourar a pel. Hoxe poñemos en cuestión a función dos protectores solares. En principio véndense con factor de protección 15,30 e 50 números que en teoría indican canto tempo podemos expoñernos ao sol sen queimarnos. Poñemos por exemplo o protector con factor 30. Dez minutos ao sol multiplicados por 30 dan 300 minutos de protección.
Margarita Rodríguez de 4 ECO Narón avisa que isto non é todo porque estes protectores solares actúan contra os raios UVB pero non son eficaces contra os raios UVA ademais de que teriamos que ter en conta o tipo de pel. Hai un perigo a destacar e ter en conta, que os protectores solares penetran ata o sangue transportando substancias químicas que absorbe a pel. Se lemos as etiquetas podemos comprobar as substancias que conteñen. Por iso Rodríguez recomenda usar “bloqueadores” máis naturais a base de óxido de zinc, sen efectos secundarios e eficacia probada. Outro aspecto a ter en conta é a contaminación que provocan os protectores solares no mar. Canto menos ecolóxicos e biodegradábeis, van afectar negativamente á flora e fauna mariñas.
Publica o teu comentario agora