Os produtos ecolóxicos reportáronlle a Galicia 17 millóns de euros en 2010

Os produtos ecolóxicos reportáronlle a Galicia 17 millóns de euros en 2010

15 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Se abrimos as portas da nosa despensa e ollamos para as lacenas podemos repasar as etiquetas dos produtos e ver se posuímos algún que leve a lenda Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), isto é, que foi producido cun aproveitamento óptimo dos recursos naturais, sen produtos químicos de síntese e con respecto ao medio ambiente. De ser así, entón entramos nese case 14 por cento de consumidores que adoitan mercar produt

Durante esta mañá e parte da tarde a Facultade de Historia da Universidade de Santiago acolleu o I Congreso de Consumo Saudable de Produtos Ecolóxicos, promovido polo Craega e coa colaboración da Asociación de Amas de Casa de Galicia. Nel falouse desa relación entre saúde e alimentos ecolóxicos e dun sistema de agricultura que en 2010 xerou en Galicia un negocio de 17 millóns de euros. A produción máis forte céntrase no leite, a carne, o polo, os ovos e a apicultura. No apartado vexetal destacan froitas como a castaña ou a mazá. Non obstante, nos últimos tempos comercialízanse cada vez máis produtos da horta e tamén se está a implantar na acuicultura, en especial no mexillón, e nas conservas de peixe. Este ano presentaranse tamén novos produtos como as setas silvestres.

Todo isto contouno en Radiofusión o director técnico do Craega, Ernesto Sánchez, quen tamén falou dos perigos que os cultivos transxénicos teñen para agricultura ecolóxica. “Son altamente contaminantes e non están regulados, polo que non se sabe onde están situados”, asegura. Sánchez cre que mesmo pode desaparecer a agricultura ecolóxica se isto non comeza a controlarse, porque no caso dunha contaminación por pole procedente dunha planta experimental os produtos afectados non poden certificarse.

Sociedade