Os proxectos musicais custan moito

Os proxectos musicais custan moito
06 de Xuño, 2025 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

Custa moito sacar adiante os proxectos musicais. Pese ao que poida parecer, a música de autora ou de autor non está de moda, segundo Guadi Galego. No seu último traballo aposta por un canto ao máis persoal e íntimo, transmitindo un conxunto de emocións, inquietudes e desexos.

Fotografia Xan Xe

Guadi Galego presenta este sábado en Cedeira o seu disco Pélago. Contos oníricos. Participa nun coloquio acompañada por Pepe Cunha e Maria Maquieira. As oito da tarde no Museo do Mar de Cedeira.

Cultura

Publica o teu comentario agora