ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os carteis e rótulos comerciais ocultan a arquitectura do barrio da Magdalena en Ferrol. Dificultan a perspectiva e a percepción da rúa, pero tamén configuran unha paisaxe de lembranzas, imaxes clásicas da cidade que van desde os letreiros de metal de comezos do século XX, os carteis de plástico con iluminación interior dos anos sesenta, aos neóns dos 80 ou a actual uniformidade globalizadora das últimas décadas.
Os rótulos comerciais informan tamén da evolución histórica da cidade. Ao mirar actívanse asociacións na nosa memoria, reflexando a prosperidade asociada ao boom da construcción naval dos anos 70, ou a depresión provocada pola reconversión naval de 1984.
A delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ven de editar un libro - catálogo recollendo boa parte dos letreiros e rótulos comerciais da Coruña da década dos 70. A arquitecta Ana Cocho Bermejo realizou boa parte das fotografias agora recollidas en Rotulados.