ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"A celulosa destrue máis postos de traballos dos que crea". Con ese convencemento, entidades cidadáns convocan duas marchas contra Ence que sairán este sábado de xeito simultáneo das alamedas de Pontevedra e Marín. A sociedade reclama cada vez máis respeito polo medio ambiente.
Un total de 32 colectivos, entidades, plataformas e asociacións apoian a ‘Marcha contra as celulosas’ que este sábado, 21 de xuño, sairá das alamedas de Pontevedra e Marín ás 19:30 horas. “Concordamos plenamente co manifestado pola APDR en que as intencións de ENCE e ELNOSA pasan por prorrogar a súa estancia na Ría máis alá de 2018 e que conta coa autorización oculta do Partido Popular”. Así mesmo, aseguran os promotores da mobilización, “debemos decatarnos que estas prórrogas supoñen a privatización dun espazo público que debe ser para o desfrute da poboación, fronte ao lucro dunhas empresas privadas que destrúen máis recursos naturais e máis empregos dos que chega a producir coa súa continuidade”.