ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Traen para Vilar do Colo os refugallos que non queren en Holanda. A Asociación ecoloxista Aetna denuncia o depósito nunha zona próxima ao polígono industrial de Fene e Cabanas de material contaminante altamente tóxico. Trátase de residuos procedentes do asfalto e de antigas estradas.
AETNA sinala que van acumuladas máis de un millón de toneladas, nunha extensión superior a dous campos de fútbol e cun terraplén á beira do río duns 10 metros. Os ecoloxistas salientan que non se adoptou ningunha medida de protección. Afirman que se trata da maior agresión medioambiental da comarca despois do Prestige. Os residuos chegan ao porto exterior de Ferrol en barco, e dende alí unha flota de camións trasladaos á zona situada á altura da estación de peaxe de Vilar do Colo.
A Asociación Etnográfica da Natureza (AETNA) “Amigos do Rio Baa” presentou esta mañá a correspondente denuncia diante de Augas de Galicia, SEPRONA e na Consellería de Medio Ambiente. A entidade convoca ademais a todos os colectivos e persoas interesadas a unha reunión que se celebrará mañá xoves ás 8 da tarde no seu local social, ao pé do campo da festa de Maniños en Fene.