Os representantes comarcais do BNG debaten sobre a situación da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal

Os representantes comarcais do BNG debaten sobre a situación da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal

13 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Analizar as deficiencias da comarca, coordenar o traballo e detectar as necesidades das administracións locais serán as prioridades da xornada de traballo que esta tarde celebran os representantes do BNG de Ferrol, Eume e Ortegal. A formación nacionalista aposta por unha ordenación administrativa e do territorio diferente que redunde nun aforro. Nese reparto administrativo, non terían cabida as deputacións máis o vicepresidente da Deputación de A Coru&

Villamar sinalou que as comarcas estaban abandonadas antes da chegada do BNG. “Desde o 2007, están presentes nas políticas das deputacións, grazas ao pulo da nosa formación”. Desde esa data ata a actualidade, a cantidade investida ou transferida a concellos e entidades ascende aos 100 millóns de euros, informou. A primeira administración que atendeu ás necesidades e preveu a crise actual foi a Deputación de A Coruña, asegurou o nacionalista. Nese momento puxemos en marcha o Plan de Cooperación dos Concellos que incluiu unha actuación, en materia de augas residuais na comarca, de 8 millóns de euros. 

Entre as liñas de actuación destacadas por Villamar, citou o Plan de Parques de Herba Artificial (case 3 millóns de euros), a mellora das vías provinciais que ascende aos 8 millóns de euros ou a política de colaboración cos concellos para atender, entroutros aspectos, o gasto de persoal. Arredor de 8-9 millóns de euros que melloraron as arcas municipais, salientou.

O Plan de Obras e Servizos, levado a cabo pola deputación, achegou 25 millóns de euros para a comarca. Incluía saneamento, firmes das estradas municipais ou alumeados. “Grazas ao impulso levado a cabo desde esta administración, o turismo nesta comarca xa se considera unha actividade económica con capacidade de xerar riqueza e emprego”. Villamar incidiu que traballarán para que a Área de Benestar Social medre os seus recursos e non se busque saída á crise a costa do seu recurte. 

Destes e outros asuntos xira a reunión de traballo que se celebra esta tarde no local comarcal do BNG-Ferrolterra na cidade departamental. Unha xuntanza para intercambiar ideas e propostas para seguir traballando a prol das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Institucional