ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No mercado volveron aparecer conservas de mexillóns presentadas fraudulentamente como produto das rías galegas. Trátase das latas da marca Grandes Hoteles, producidas pola conserveira Thenaisie-Provoté, con sede na localidade pontevedresa de Mos, e cuxos responsables foron chamados a declarar este próximo xoves, día 16, no Xulgado de Instrución número 3 de O Porriño, que admitiu a trámite a querela criminal do
É a segunda denuncia deste tipo trala presentada en marzo contra Conservera de Rianxo e que se solucionara cun acordo entre as partes e a inscrición desta compañía no órgano supervisor. O presidente do Consello Regulador, Francisco Alcalde, relatou esta mañá como as cinco latas examinadas polos seus laboratorios da marca baixo sospeita gardaban mexillón foráneo. O organismo regulador volveu criticar certa "pasividade" da Consellaría do Mar perante este tipo de actuacións. Ao igual que no caso da Conserveira de Rianxo, as latas da marca Grandes Hoteles foron adquiridas ao chou en supermercados. Agora, aos responsables da factoría produtora de Mos impútanselle senllos delitos contra os dereitos dos consumidores e o dereito de propiedade industrial. "É unha fraude e un engano", resumiu Francisco Alcalde.