ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fernando Alvarez de Sotomayor naceu en Ferrol en 1875. Durante 30 anos dirixiu o Museo do Prado en Madrid. Como nos casos doutros pintores que foron directores do Museo, a pegada da gran pintura de séculos pasados, alí moi presente, pode apreciarse na súa arte, especialmente no retrato, xénero que prodigou especialmente e no que foi moi apreciado. Nel advírtese a influencia, sobre todo, de Velázquez, pero tamén de Van Dyck e dos retratistas británicos. Tratou todos os tipos de retratos, desde o de figura de tamaño natural ante unha paisaxe até as aproximacións aos nenos en retratos de cabezas.

Un segundo gran grupo de obras está formado polos temas de costumes ambientados en Galicia. Xa desde 1905 a xeografía natal do artista ofreceulle motivos que explorou até o final. Nesas obras o artista creou unha visión vitalista e colorida daqueles motivos, que abarcan, entre outros, o traballo no campo, as vendedoras de peixe, as procesións mariñeiras e as festas e romarías. Nesa aproximación influíronlle a pintura flamenca e a holandesa, que coñeceu de preto durante as súas viaxes na época de pensionado. Outros motivos que tratou o artista, como os temas de costumes precisamente en Flandes, os asuntos mitolóxicos, as visións de figuras femininas solitarias en diferentes actitudes e a paisaxe estarán presentes na exposición. En todas as obras revélase, no seu gusto pola naturalidade expresiva, a pincelada longa e a execución directa e rápida, a súa aprecio das grandes tradicións pictóricas presentes no Prado, especialmente as da pintura española e a flamenca, unido a unha vontade de estilo propia que lle fixo destacar entre os artistas da súa xeración.
Fotografía Xan Xe
O gaiteiro de Cuntis. 1940-1941. Óleo/lenzo. Colección Armenio´s. Ferrol.
Sotomayor de calle Real (2005). Concello de Ferrol. Fundación Caixa Galicia
Publica o teu comentario agora