Os riscos do insomnio crónico

Os riscos do insomnio crónico
17 de Xuño, 2019 - 09:30 h. | Publicada por Radio Cerceda

Conforme avellentamos adoitamos durmir menos, pero o insomnio crónico nos adultos maiores está relacionado cun maior risco de depresión, infartos, ansiedade, diabetes tipo 2, hipertensión e morte prematura. Pódense establecer algunhas estratexias para mellorar a hixiene do sono. Pero se non logras pegar o ollo unha noite ou dúas non te angusties nin fagas moito caso dos monitores de sono ou as apps que levan a conta dos minutos que descansaches: a ortosomnia “esa preocupación excesiva por lograr o soño perfecto” tamén é un trastorno ao durmir..

ESCOITA O PODCAST:

O doutor Marcelino García Regueira fala do insomnio

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/170619SANFIZ.mp3

Os riscos do insomnio crónico

O insomnio é un síntoma. O importante é diagnosticar as causas que o rovocan, segundo manifestaba no programa O caso é ter saúde, o doutor especialista en psicoloxia clínica, Marcelino Garcia Regueira quen destacaba: "Hai diferentes fases do sono e do descanso e as fases repítense varias veces ao longo da noite. O importante é ver se a persoa cando desperta se sinte ben"

Consellos para intentar que o sono sexa máis reparador:

Evita ou minimiza o consumo de cafeína, cigarros, estimulantes e en especial de alcol. É certo que unha copa de viño podería axudar a quedar durmido con maior rapidez, pero pode (e con frecuencia sucede) alterar a calidade e a duración do soño.

Exercítate con regularidade, de ser posible ao aire libre, pero non o fagas pouco antes da túa hora de deitarte. A exposición á luz natural durante o día e as primeiras horas da tarde pode axudarche a programar o teu reloxo biolóxico para favorecer a somnolencia á hora de ir a durmir.

Evita as comidas abundantes xusto antes de deitarte. Se tes fame, toma un refrixerio lixeiro: un plátano, un vaso de leite morno ou unhas galletas integrais poden aumentar a capacidade de quedarte durmido. E se non funciona, sempre quedará o método tradicional, de contar ovellas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora