Os Satélites, 70 anos xirando

Os Satélites, 70 anos xirando

28 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A orquestra Os Satélites cumpre 70 anos. Segue viva despois de tantos anos e o celebra coa edición dun disco recopilatorio. O representante da orquestra, Javier Saavedra, cré que siguen aí porque gustan á xente. O coidado da sección de metal, ao estilo das Big Band americanas caracterizou dende os seus inicios a esta agrupación musical.

Entre os fitos mais importantes do grupo está ser a primeira orquestra galega que cruzou o charco a América ou a que percorreu moitos paises no extranxeiro tanto en América como en Europa. 

Os Satélites foron durante moitos anos, sinónimo do mellor da música en Galicia e referente para outras orquestras. Os Satélites naceron en 1938 na Coruña, por iniciativa do saxofonista Manuel Otero Mariñas. Das orquestras galegas, eles foron os primeiros en viaxar a América, concretamente a Venezuela, a medidados dos anos 50, de onde importaron xiros e influencias da música tropical. Pucho Boedo, Sito Sedes...son algúns dos nomes grabados en ouro na historia desta formación, que creou unha auténtica escola coruñesa.

E agora, setenta anos despois do seu nacemento, a formación embárcase nun novo proxecto discográfico 1938-2008 Setenta aniversario, un disco no que presentan 15 cancións de distintos estilos (podemos atopar salsa, merengue, cumbia, pasodobre e baladas). Na súa maioría, son temas inéditos que a orquestra compuxo para dúas series da TVG nas que está a participar Libro de Familia e Los Atlánticos pero tamén se reeditan varios éxitos da orquestra: Eva, Linda Carmiña ou La Nave del Olvido.

Cultura