Os seus contos agárranse á memoria do lector

Cuentos completos da norteamericana Lydia Davis
28 de Outubro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Achegámonos á escritora norteamericana, Lydia Davis. A súa obra destaca pola brevidade e a importancia que lle da á linguaxe.

ESCOITA O PODCAST:

Lydia Davis naceu en Massachusetts. É tradutora de literatura francesa e autora de contos, unha autora moi particular. En palabras do noso lector, o profesor na Universidade de Chicago, Noel Blanco, “conta cousas case nimias da realidade, prestando unha atención extraordinaria á linguaxe. Ten case ollo de poeta, de medir cada palabra”. En Cuentos completos reúnese a súa obra desde 1986 ata 2007.

Ir no metro, estar na cola do supermercado ou unha conversación telefónica coa nai son motivos suficientes para transformalos en literatura. “O máis importante para ela é a atención ao detalle, máis que o propio argumento. Mesmo pode non ocorrer nada” recalca Blanco. O seu estilo é moi depurado e sen adxectivos redundantes. Fala de cousas cotiás ás que non lles damos importancia. Os seus relatos son moi curtos, “enganosamente simples”, insiste. Lydia Davis é unha escritora moi disciplinada. Prantéxase escreber dous contos por tarde.

Noel Blanco recoméndanos lela cando estamos nun estado mental de reflexión. Os seus libros son desa clase de libros aos que un volve de cando en vez. Podemos lelos dun xeito interrompido.

Un exemplo, o conto titulado Especial 

"Sabemos que somos muy especiales. Pero seguimos intentando averiguar en qué manera lo somos: así no, así tampoco, ¿entonces cómo?"

 

(Imaxe de Noel Blanco, natural de Mugardos e profesor na Universidade de Chicago)

Cultura

Publica o teu comentario agora