Os sindicatos agrarios piden aos consumidores que merquen leite galego de calidade

Os sindicatos agrarios piden aos consumidores que merquen leite galego de calidade

23 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Os tres sindicatos agrarios galegos anunciaron unha nova mobilización para o 4 de outubro e actos de protesta a vindeira semana en Lugo e A Coruña. Afirman que están afogados e que a Administración non lles achega ningunha solución. Piden ao Goberno que faga inspeccións para evitar fraudes e abusos nas cadeas de distribución e aos consumidores que merquen leite galego de calidade. Seg

Os sindicatos tamén están preocupados porque os contratos homologados serán obrigatorios a partir do 3 de outubro e temen que as fábricas presionen aos gandeiros a aceptar prezos moi baixos para un período de 12 meses. Francisco Bellos, de Xóvenes Agricultores.

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, explicou que a semana que vén o Goberno central aprobará o Proxecto de Lei de Seguridade Alimentaria que fará máis transparentes as marxes que gañan os intermediarios, as fábricas e a distribución. Non obstante, Quintana advertiu aos gandeiros que teñen que afrontar unha reforma estructural para mellorar a súa situación.

Sociedade