Os sindicatos cualifican de “éxito” a folga e falan dun 75% de seguimento que Educación rebaixa ao 22%

Os sindicatos cualifican de “éxito” a folga e falan dun 75% de seguimento que Educación rebaixa ao 22%

21 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Milleiros de profesores manifestáronse polas rúas de Santiago para protestar polo recorte de “case mil docentes” no ensino público e para reclamar que a Consellaría de Educación retire a orde do pasado mes de xuño pola que se incrementa o horario lectivo dos profesores, que lles atribúe “novas funcións”, o que consideran vai “en detrimento da calidade do ensino”. Os seis sindicatos convocantes -CIG, CC.OO., UGT,

Os sindicatos concordan en que o éxito das convocatorias fai evidente que a Consellaría de Educación debe “negociar” coa comunidade educativa e “rectificar” na ruptura unilateral do acordo que en 2007 subscribiron de forma unánime o Goberno autonómico e as organizacións sindicais, e instaron á comunidade educativa a participar de novo na folga que terá lugar o vindeiro martes 27 de setembro.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, destacou a “normalidade” coa que transcorreu a xornada, rebaixou a un 22% o seguemento, e asegurou que a gran maioría dos docentes entenden a motivación das medidas emprendidas pola Consellería.

A oposición tamén se pronunciou ao respecto da folga e da situación do sistema educativo. O portavoz do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, reclamou á Xunta que, ante o éxito da folga de profesores, que foi secundada masivamente, rectifique nas súas políticas educativas e que asuma dunha vez por todas que os fondos que se destinan a este ámbito son un investimento. Aymerich lamentou que Núñez Feijóo, “no canto de actuar como presidente da Xunta actúe como un contable”.

O deputado do PSdeG, José Luís Méndez Romeu, defendeu que a folga de profesores é “a expresión do fondo malestar” da comunidade educativa como consecuencia das actuacións da Xunta e do PP, que “están a deostar a función docente e atacando totalmente” as súas condicións de traballo.

Tamén se pronunciou o presidente de Novas Xeracións do PP, Javier Dorado, quen afirmou que respecta pero non comparte a protesta contra os recortes na educación convocada polos distintos sindicatos educativos, aos que avisou de que “non poden facer reféns das súas preferencias políticas” a pais e alumnos.

 

Sociedade