Os sindicatos estreitan o cerco sobre Lence, ao que acusan de trato vexatorio en Leyma

Os sindicatos estreitan o cerco sobre Lence, ao que acusan de trato vexatorio en Leyma

26 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

UGT denuncia un trato “vexatorio” de Jesús Lence, o propietario de Lácteos Lence aos traballadores de Leyma. A Federación Agroalimentaria do sindicato alerta da proliferación de accidentes polo aumento de carga de traballo e o estrés co que se traballa na fábrica. Isto podería ser consecuencia, segundo os uxetistas, dunha redución da nómina de traballadores do 20 por cento no último ano e a sucesión de despedimentos den

Perante o aumento das incidencias sobre a saúde dos traballadores, a resposta do propietario “é culpar ao traballador ou traballadora e ameazalo co despido, sin preocuparse de investigar as causas de ditos accidentes e mostrando un desprecio absoluto pola prevención de riscos laborais”, sostén o sindicato nun comunicado. A Federación Agroalimentaria apunta á directa relación da redución de efectivos (que pasaron de 137 en 2005 a 78 hoxendía) como o factor desencadente.

Cómpre lembrar que Lence está tamén no punto de mira dos sindicatos agrarios que o acusan de pagar por debaixo dos prezos acordados o litro de leite e desenvolven un boicot contra as súas marcas. Porén, dende Leite Río retrucouse, a través dunha páxina de publicidade en prensa, que a información que están a difundir os voceiros sindicais é falsa.

Sociedade