Os sobriños e sobriñas de Marcos da Portela

Os sobriños e sobriñas de Marcos da Portela
15 de Xaneiro, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Allariz

"Somos os sobriños e sobriñas de Marcos da Portela" afirma a Asociación de Medios en Galego. Reivindican o legado do poeta do século XVIII Marcos Peralta que viviu en Monteporreiro (Pontevedra) e a quen cita Martín Sarmiento nas súas copras. Tamén o de Valentín Lamas Carvajal, quen puxo en marcha o 7 de febreiro de 1876 o periódico "O Tio Marcos da Portela". Foi a cabeceira máis duradeira da primeira etapa da prensa en galego, sairon do prelo arredor de cincocentos números. Acadou un notable éxito, chegando a editar 4000 exemplares nunha sociedade con maís da metade da poboación analfabeta. ANEGA celebra todos os 7 de febreiro o "Dia dos Medios en Galego", data refrendada en 2017 cunha declaración institucional do Parlamento de Galicia. 

Organización da conmemoración de "O Tio Marcos da Portela"

*O Tío Marcos d’a Portela** é o gran pioneiro dos medios de comunicación en galego. Promovido por Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1849-1906), de periodicidade quincenal, chegou a ter unha tiraxe de 4.000 exemplares. A comisión de coordinación do 150 aniversario da publicación presentou o pasado martes os actos que conmemoran a efeméride. César Fernández Gil, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Valentín García, secretario xeral de Lingua da Xunta de Galicia, Fernando de Paz, presidente da Asociación de Medios en Galego e representantes de La Region, da coral Ruada e a Fundación ONCE mais familiares de Valentín Lamas Carvajal detallaron no centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense os eixes das actividades previstas. Un roteiro, un xantar popular, un concerto, xornadas de divulgación e a dixitalización da colección completa, destacan entre as propostas que acollerá a cidade de Ourense ao longo deste ano.*

Cultura

Publica o teu comentario agora