Os socialistas acusan á Consellería do Mar do pago de favores a empresas acuícolas amigas

Os socialistas acusan á Consellería do Mar do pago de favores a empresas acuícolas amigas

01 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira vén de rexistrar diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama que se tramita a comparecencia en Pleno da Conselleira do Mar para que dea conta do acordo da Xunta polo que se declara de interese publico de primeira orde a acuicultura de Galicia.

A deputada socialista replica que esta decisión pretende saltarse a Directiva Hábitat, e denuncia que pretende “pagar determinados favores políticos a Pescanova”. Neste punto citou a participación dun Director Xeral desta empresa no mitin de fin de campaña nas pasadas eleccións municipais do Partido Popular en Muxía, no que pediu o voto para esta formación política.  

Afirma que a Xunta renuncia a utilizar ubicacións que non teñen ningún tipo de protección, e que mesmo están destinados a esta finalidade nos planeamentos municipais, para pagar favores políticos.

Ademais insistiu nas súas criticas “algunhas empresas teñen en nómina a algúns gobernos, e neste caso se apoian mutuamente”, espetou. Por iso subliñou dende o PSdeG “non cuestionamos a utilidade publica da acuicultura de Galicia senón a finalidade coa que se fai”.

Institucional