Os socialistas de Xinzo denuncian a aldraxe do PP no Día das letras Galegas

Os socialistas de Xinzo denuncian a aldraxe do PP no Día das letras Galegas

16 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os socialistas de Xinzo denuncian a actuación partidista do Partido Popular no día das Letras Galegas, convidando aos nenos e nenas a un acto lúdico cunha invitación co anagrama do PP que foi distribuida nos centros de ensino de Xinzo. Ante a falta de programa cultural por parte do alcalde e do Grupo de Goberno que dirixe, utiliza o día das Letras Galegas para facer propaganda electoral, “confundindo coma sempre onde empeza a institución

Denuncian tamén o nulo interese demostrado polo Grupo de Goberno para fomentar o uso do galego o resto do ano, e  a desidia para organizar actos lúdicos deste tipo mentres gobernaron este Concello os últimos oito anos.
 
Os socialistas recórdanlle ao alcalde e demais membros da Corporación a súa ausencia nun deses centros escolares que mudou o nome polo de Carlos Casares o pasado  29 de abril. Alí si estaba en cambio a portavoz socialista, participando  en actos coa comunidade educativa  durante toda a xornada lectiva, que contaron coa asistencia de tres persoeiros  limiaus, como o irman do homenaxeado e dous escritores desta vila.
 
Esa é a importancia que o PP lle da á lingua galega,  aos escritores  que como Carlos Casares deixaron a sua pegada en galego, igual que os convidados presentes e os cativos que estudan e se expresan en galego. “Eles  non son merecentes da sua compañía, pero apresúranse a facer do Dia das Letras Galegas un día festivo do PP”, apuntan.
 
Os socialistas preguntarán tamén quen vai pagar este tipo de evento, se os cartos saen da campaña do PP, do Concello ou do peto do Sr. alcalde.

Institucional