Os socialistas esixen o cese ou dimisión da directora xeral de Formación e Colocación

Os socialistas esixen o cese ou dimisión da directora xeral de Formación e Colocación

13 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A portavoz e secretaria de política municipal, coordinación e acción electoral do PSdeG, Mar Barcón, esixiu hoxe a "inmediata dimisión" da directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, da que asegurou que foi condenada por despedimento improcedente dunha muller que durante seis meses traballou na súa casa como empregada de fogar e nun restaurante dun familiar seu "sen contrato de traballo nin alta na segurid

Nun comunicado, a deputada socialista cualificou de "vergonza" o feito de que un responsable de "velar pola protección dos dereitos dos traballadores sexa condenado por non cumprir os mínimos legais cos traballadores na súa casa nin nas empresas das súas familias".

Así, considerou que, de non producirse a dimisión de Díaz, os responsables serán a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

Barcón afirmou que este caso é "unha mostra da ética" do PPdeG. "Esta é a rexeneración democrática prometida por Feijóo: dar subvencións a empresas de altos cargos e que os responsables de velar pola protección dos dereitos dos traballadores sexan condenados polos tribunais por non respectar as regras de xogo no mundo do traballo", criticou.

Negativa da Consellería

A Consellería de Traballo e Benestar negou hoxe que a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, empregase á ex traballadora despedida de forma improcedente, senón o seu irmán, como, asegurou, "recolle textualmente a sentenza".

Así subliñaron que a ex empregada demandó aos titulares da sociedade mercantil integrada polo pai e o irmán de Díaz, quen non forma parte da empresa, unha circunstancia que, segundo sinalaron a Europa Press, figura no Rexistro Mercantil.

Fontes deste departamento afirmaron que a condena é subsidiaria, o que implica que, no caso de que os responsables da sociedade mercantil non asumisen a resolución tería que facelo a familia.

Sociedade