Os socialistas galegos plántanse

Os socialistas galegos plántanse

15 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, participou hoxe, xunto a deputados e alcaldes da zona, na Marcha Negra contra o Decreto do Carbón que partiu dende Bergondo, onde sinalou que “somos socialistas, pero primeiro somos galegos, e imos defender ás comarcas de Cerceda e As Pontes ante unha situación claramente inxusta”. Vázquez resumiu así o apoio dos socialistas galegos ás reivindicacións dos traballadores afectados polo Decreto do Ca

Por elo, avogou por poñer en marcha unha serie de medidas que requiren a implicación tanto do Goberno central como da Xunta e das propias empresas.

Nesta liña, anunciou que a vindeira semana manterá unha xuntanza co Ministerio  de Industria, a fin de pedirlle un plan específico de apoio para estas dúas comarcas que minore o impacto da entrada en vigor do decreto.

Un plan que incluiría medidas compensatorias para os traballadores tanto das térmicas como dos sectores relacionados, como o transporte, durante os seis primeiros meses, a fin de comprobar si a incidencia é realmente do 5 por cento, como plantexa o Ministerio, ou si é máis grave e é necesario abordar medidas estruturais, relatou Vázquez.

Adxudicacións Plan Eólico
Esixiu tamén ao Goberno de Feijóo que “é o momento de dar menos consellos e dar máis” porque, recordou “a Xunta non puxo un só euro para solucionar este problema”.

Por elo, reclamou ao Goberno galego que negocie con Endesa e Gas Natural nas adxudicacións do Plan Eólico para que “entre os requisitos para as concesións prime o mantemento dos postos de traballo nesta comarca”.  

“Non vamos permitir que se lle arranxe a vida a outra xente a costa de tumbar a un sector estratéxico para Galicia”, engadiu, despois de sinalar que “os socialistas galegos apoiamos as medidas compensatorias para o sector da minería, pero non a costa das térmicas galegas, das políticas medio ambientais e da rendabilidade enerxética”.

“Os que fixeron as cousas ben durante anos – dixo en alusión aos investimentos realizados para mellorar a calidade das térmicas galegas- non poden ser agora os que paguen os pratos rotos”, sentenciou.

Solidariedade das empresas
Vázquez tamén pediu ás empresas “solidariedade” e “que non carguen todo ás costas dos traballadores” xa que, recordou, “ levan ganado miles de millóns de euros nestas dúas comarcas durante anos”.

Nesta liña, reclamoulles “menos demagoxia e axitación e máis recursos, porque non todo é culpa do decreto, xa estas empresas xa estaban en situación critica previamente”, e lembrou que “os realmente afectados son os traballadores, porque as empresas levan ganado moitos cartos nesta comarca”.

Por elo incidiu en pedir ao Ministerio “que non haxa unha soa axuda para as empresas senón repercute directamente nos sectores productivos destas comarcas”. “As medidas compensatorias deben ir dirixidas a traballadores e sectores productivos, que son os que están indefensos, porque Endesa e Gas Natural xa se salvan solas”.

Sociedade