Os socialistas pídenlle a Feijóo que remate co “circo” montado en relación á directora xeral de Colocación

Os socialistas pídenlle a Feijóo que remate co “circo” montado en relación á directora xeral de Colocación

20 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Chove sobre mollado”, asegurou hoxe nos micrófonos de Radiofusión o portavoz de Traballo do PSdeG, José Tomé, en relación á sentenza por despido improcedente que implica á directora xeral de Colocación e Formación da Xunta, Ana María Díaz, e á demanda doutra traballadora que tamén traballaba de xeito irregular no seu fogar. Ambas empregadas carecían de contrato e alta na Seguridade Social, sendo as

En relación á condena do xulgado do Social Nº2 de Ferrol, segundo José Tomé, trátase dunha sentenza firme que condena solidariamente á directora xeral, é dicir, ás tres persoa físicas por igual, Díaz, seu irmán e seu pai; e considerándose os feitos como probados. O portavoz socialista considera este asunto como moi grave e amosou a súa sorpresa polas loanzas da conselleira á propia Ana María Díaz e polo mutismo e parálise de Núñez Feijóo neste asunto.

Tomé pediulle ao presidente da Xunta que remate cun “circo que non beneficia ao tecido laboral galego”, se quere seguir falando de “rexeneración democrática&rdquo. En canto ás declaracións de Beatriz Mato referíndose á directora xeral como profesional e honesta, o socialista pediulle rigor e que faga cumprir a lei. Por último, e en relación á nova demanda contra a directora xeral polo outro despedimento improcedente, o socialista asegurou que Díaz non é trigo limpo e que alguén que acumula tantos “méritos” non pode ter un cargo de responsabilidade pública.

Institucional