Os sucesos da Coruña

Os sucesos da Coruña
30 de Maio, 2025 - 10:26 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os sucesos da Coruña de finais de maio de 1901 chegaron a todo o mundo.A prensa internacional fíxose eco da folga xeral de tres dias, a declaración do estado de guerra e a represión posterior que acabou coa vida de nove cidadáns. O conflito comezou coa folga de consumeiros, eran os inspectores que controlaban a entrada de productos comestibeis na cidade. Na rúa Alcabaleiros, na entrada da Coruña, matan a un dos traballadores que se manifestaban. Os sindicatos proclaman en protesta a folga xeral durante tres dias. O enterro é multitudinario pero ao seu remate declárase o estado de guerra e a autoridade civil deixa o goberno da comarca ao Exército. A represión é a base de tiros de Mauser e de sable fronte aos que protestaban pola declaración do estado de guerra. Hai presos, feridos e nove mortos, segundo o escritor Francisco Ascón.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co escritor Francisco Ascón sobre os sucesos da Coruña de maio de 1901

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/300525ASCON.mp3

Rúa Alcabaleiros a comezos do século XX

O movemento obreiro levantou un monumento de lembranza das vítimas no cemiterio de Santo Amaro. Diante del realizaráse unha ofrenda este domingo ás 12,30 do mediodia. 

Cultura

Publica o teu comentario agora