ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
En Ferrol proxectase esta tarde a película, “Llach: La revolta permanent". Fala dos sucesos do 3 de marzo de 1976 en Vitoria. A película estreouse 30 anos despois dos sucesos, en 2006. A proxección será ás oito da tarde no Ateneo Ferrolán con entrada libre. Os sucesos levan de fondo as "Campanadas a mort" de Lluis Llach. A cidade vasca vivia unha xornada de folga xeral por reivindicacións laborais. A dictadura m
O 3 de marzo de 1976 en Vitoria, no transcurso dunha asemblea de traballadores, a actuación da Policía causou cinco mortos e máis de cen feridos de bala. Esa mesma noite, levado pola rabia, Llach compuxo a que sería unha das cancións máis emblemáticas da Transición: Campanades a morts. Lluís Llach volve a Vitoria para interpretala nun concerto multitudinario en recordo ás vítimas do 3 de marzo. Unha viaxe no espazo e no tempo conducido pola música e as palabras do propio Llach, no que se mesturan recordos autobiográficos con imaxes e testemuños dos protagonistas deses feitos. Esta é a historia dunha canción, o retrato da persoa que a escribiu e a crónica dos feitos que a inspiraron. Un berro e unha esixencia de revolta permanente contra o esquecemento.