ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Andaina da asociación Por + vida cumpre dezasete anos e quere ter unha lembranza para as persoas falecidas por esa doenza. Tamén manda unha mensaxe de apoio ás familias que o están a pasar mal polo cancro, segundo o psicólogo José Barcia Tuccelli que reitera que "o cancro é unha realidade que ten que continuar sendo atendida. Entre outras actividades, o Concello de Fene mantén un programa de ximnasia oncolóxica a partir do cal naceu a asociación que organiza a marcha deste domingo."É necesario ter empatía coas persoas que o padecen" conclúe.
Laura Cruz preside neste momento a entidade. Este domingo ás dez e media da mañá comezarán a repartirse os dorsais na Praza Ramón Souto de Fene. As once realizarase a saída polo percorrido habitual por Mundín. Ao chegar de volta actuará cunha exhibición o grupo de baile Maydance. Jesús Victoria do grupo Os Tabernícolas Ferroláns lerá o manifesto e logo haberá un xantar solidario no Circulo de Perlío. Servirase churrasco ao prezo de 20 euros. As persoas interesadas aínda se poden apuntar este venres. Xa hai máis de cen comensais e Os Tabernícolas Ferrolán amenizarán o xantar.
A Andaina Por + vida conmemora a posta en marcha dun programa de ximnasia oncolóxica no Concello de Fene.
Na imaxe andaina Por + vida do 2023
Publica o teu comentario agora