Os traballadores de Alcoa rexeitan a proposta da empresa

Os traballadores de Alcoa rexeitan a proposta da empresa
11 de Xaneiro, 2019 - 11:32 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os traballadores de Alcoa rexeitan as propostas da empresa por non dar continuidade ás fábricas. No comunicado subscrito polos comités de Avilés e A Coruña, indican que a comisión negociadora dos traballadores "tras valorar internamente a proposta da compañía, na que non se expón ningunha posibilidade de continuar coas fábricas tal e como as coñecemos actualmente", acordou rexeitar "rotundamente" os termos da proposta.
Alcoa ofrece a continuidade de 200 operarios entre A Coruña e Avilés.

Alcoa non se pecha, reza a pancarta colgada do Concello da Coruña

Aos outros 500 aplicaríaselles un Expediente de Regulación de Emprego até xuño. Nesa data serían despedidos, se non aparece un comprador para as dúas fábricas.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora