ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Arredor dun cento de traballadores das instalacións deportivas de Ferrol participaron hoxe na manifestación convocada de xeito unitario polas centrais sindicais CCOO,CIG e UGT trá-la ruptura das negocións do convenio colectivo deste sector. Os paros continuarán o sábado día 28 e o luns día 30.
A folga afecta a todas aquelas instalacións deportivas non xestionadas directamente pola Administración e que funcionan na meirande parte dos casos a través de concesións a empresas privadas.As protestas lévanse a cabo para reclamar melloras no convenio colectivo deste sector fundamentalmente no que se refire ó incremento salarial. Os sindicatos piden á patronal que se aplique un incremento progresivo dos soldos para conquerir que estes traballadores poidan chegar a ser cando menos "mileuristas". Os salarios da meirande parte deles rondan agora os 700 euros. Pola súa banda a patronal ofrécelles un incremento de pouco máis de 100 euros e fai a súa oferta para dous anos.