Os traballadores de limpeza dos hospitais galegos comezan unha folga indefinida a partir do día 27 deste mes

Os traballadores de limpeza dos hospitais galegos comezan unha folga indefinida a partir do día 27 deste mes

16 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os sindicatos CC.OO, UXT e CIG convocaron hoxe unha folga indefinida para os traballadores do sector da limpeza que afectará a todos os hospitais galegos agás o Xeral de Vigo. A convocatoria dará comezo a partir do 27 de febreiro, polo que coincidirá coa semana electoral.


En rolda de prensa, o secretario xeral da Federación de Servicios de UXT en Galicia, Ernesto Fontanes, denunciou hoxe que a patronal Aspel, maioritaria na sanidade galega, incumpliu o acordo firmado en xaneiro de 2008 e no que se “equiparan as condicións laborais dos traballadores destas empresas de limpeza” --privadas-- coas do personal do Sergas de grupo E. Precisamente, o secretario nacional da Federación de Servizos da CIG, Paulo Rubido, explicou que o servizo de limpeza na sanidade pública “está privatizado” e que o obxecto de este acordo “firmado pola patronal” foi o de “evitar que o peso da privatización recaia nas condicións dos traballadores”. Neste senso, destacou que se establecen cada ano os novos criterios de acceso aos graos de carreira profesional do Sergas e que “tralo esforzo de acadar o primeiro grao” agora “as empresas reiteran a súa negativa a pagar o segundo” e “a pesar de que se trata dun dereito recoñecido dos traballadores”. Por este motivo, reclamou ao Sergas que "incida no cumplimento deste acordo” que afecta a “preto de 1.200 traballadores” do servizo de limpeza en centros sanitarios que “teñen o dereito a percibir cuantías de entre 600 e 800 euros por empregado”.

Sociedade