Os traballadores de San Martín movilizaránse en Ferrol

Os traballadores de San Martín movilizaránse en Ferrol

19 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Os empregados do grupo San Martín das Pontes concentraráse o vindeiro xoves diante do edificio da Xunta de Galicia na Praza de España de Ferrol. Reclaman que o IGAPE faga efectivo o aval xa concedido á empresa, medida que permitirá á empresa abonar as nóminas pendentes. Os sindicatos CIG e CCOO solicitaron unha reunión con responsabeis do Instituto Galego de Promoción Económica.

Os traballadores do Grupo San Martín movilizáronse xa no pasado mes de novembro diante da Casa do Concello das Pontes para reclamar unha solución para a firma. A empresa recibiu un aval do IGAPE para solicitar un crédito que reflote a delicada situación que atravesa o negocio. Pero o aval está condicionado á consecución de carga de traballo. Entre tanto San Martín non pode optar a novos concursos de obra pública se está a corrente dos pagos. Os traballadores levan máis de dous meses e medio sen cobrar. San Martín S.A. adícase fundamentalmente á construción de obra civil e edificación de obra pública ou privada.

Sociedade