ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O cadro de persoal da fábrica de Cerámicas de Sargadelos mobilizarase o sábado 17 para defender “a traxectoria empresarial e cultural da Fábrica de Sargadelos” mentres agardan polo xuízo que debe decidir sobre o recurso do Comité de Empresa ao ERE de extinción que a dirección formulou para as súas fábricas de Cervo (Lugo) e Sada (A Coruñ
Os traballadores fan coincidir a protesta coa xornada das Letras Galegas, para salientar o importante valor cultural dunha industria senlleira no país dende o ano 1806. Así, a marcha rematará no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelo, que conta con esa consideración dende o ano 1972.
A principios de abril, o Xulgado do Mercantil Número 2 de A Coruña declarou en concurso de acredores voluntario ás empresas Fábrica de Cerámica do Castro e a Fábrica de Cerámica Sargadelos. Segundo os operarios das factorías, esta decisión pon en perigo a continuidade da produción e dos postos de traballo e “unha gran perda, tanto no aspecto económico para a Mariña Lucense como no patrimonio cultural de Galicia”.
O vindeiro 26 de xuño o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolverá sobre o recurso do comité contra o ERE.