Os traballadores de URBASER poderian ir á folga

Os traballadores de URBASER poderian ir á folga

10 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores de URBASER non agardan máis tempo para que se aplique a subida salarial acordada na sinatura do covnenio colectivo o ano pasado. Un convenio, con vixencia de catro anos, que aínda non empezou a aplicarse, como debera ocurrir no mes de xaneiro. Os traballadores están perdendo de gañar o 2 e medio por cento de aumento, máis os pluses de toxicidade e nocturnidade. 

O comité de URBASER, a empresa de limpeza e recollida do lixo en Ferrol, concentrase mañán na Praza de Armas. Inician así unha serie de accións para reclamar o cumprimento do convenio colectivo asinado o ano pasado que a empresa aínda non empezou a aplicar, segundo afirman. 

URBASER non pagou o aumento salarial asinado no convenio que debería entrar en vigor no pasado mes de xaneiro. Estamos a xuño e continuan sen percibir o aumento do 2009, segundo denuncian os sindicalistas.  

Os operarios de Urbaser concéntranse o xoves 11, e o venres 12 celebran unha reunión da que poderían saír movilizacións máis drásticas e mesmo a folga. O presidente do Comité, Carlos González, afirmou que están decididos a todo.

 

Sociedade