ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"En que cabeza cabe que as emerxencias galegas galegas se xestionen desde fóra da comunidade?", pregúntase a presidenta do comité de empresa do servizo de atención 112 Galicia, Isabel Moares. Con este interrogante amosa a súa desconformidade con plans da empresa Telemark, concesionaria do número único que responde ás urxencias en materia sanitaria, extinción de incendios, salvamento, seguridade cidadá
Pór en marcha o centro alternativo fóra de Galicia suporía aumentar os custes e reducir as posibilidades de que os traballadores poidan atender aos galegofalantes na súa lingua, argumenta Isabel Moares. Porén, esta non é a única actuación da compañía que non gusta á presidenta do comité de empresa, que denunciou nos micrófonos de Radiofusión que desde que Telemark se fixo coa concesión do 112 Galicia empeoraron a calidade do servizo e as condicións laborais dos empregados.
“Hai que ter en conta que se trata dunha empresa de telemarketing, que nunca xestionara emerxencias, e que prima a produtividade por riba de todo”, asegura. Moares láiase de que a compañía non respecta os acordos conseguidos nos últimos anos e critica a súa práctica de contratar persoas por un ou dous días: “non se pode facer así porque o importante neste traballo é a experiencia”, asegura. Ante esta situación, o comité de empresa anuncia distintas mobilizacións e reclama a mediación da Consellería de Presidencia, departamento do que dependen as emerxencias.
Telemark xestiona o servizo de atención 112 Galicia dende setembro do 2010. Conta con 80 empregados que traballan no centro ubicado en San Marcos (Santiago de Compostela). Segundo denuncia o comité de empresa, a firma non recoñece o aumento salarial pactado coa anterior adxudicataria e aprobado no seu dia pola Xunta de Galicia.
Máis información no blog da sección sindical da CIG.