Os trastornos de deficit de atención e hiperactividade en Ferrolterra

Os trastornos de deficit de atención e hiperactividade en Ferrolterra

18 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nenos e nenas con trastornos de deficit de atención e hiperactividade (TDAH). Son cada vez máis frecuentes, pero o sistema educativo reglado non contempla a necesidade dun tratamento individualizado. Para intentar suplir esas carencias xurde a asociación de pais e nais de nenos hiperactivos en Ferrolterra. O Concello de Neda cedeulles un local que están a amoblar, habilitar e preparar e pensan inaugurar no mes de xaneiro.

Ata o momento non había ningunha asociación que atendese as persoas que padecen destes trastornos, segundo sinala a presidenta da entidade Mónica Bellón.Os nenos e nenas con hiperactividade necesitan un tratamento individualizado, con pautas concretas. Aprenden facilmente pero os coñecementos lle entran polos ollos. Teñen unha gran memoria visual, afirma a psicóloga da asociación Dolores Molins. A nova entidade funcionará como delegación en Ferrolterra da Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención, Anhida.

Sociedade