Os valores no Camiño

Os valores no Camiño
02 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Valores do Camiño de Santiago e animais. A Asociación Protectora de Animais do Camiño-APACA dálle difusión a dous temas de interese para a entidade a través dun documental do que informou no espazo Radio Animal Raquel Freiría. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Pretendemos facer unha reflexión sobre os valores e como os poñemos en práctica en relación aos animais”, explica a directora do documental. “Trata da situación dos animais nos territorios rurais do Camiño e dos valores dos que tanto se fala, hospitalidade, interculturalidade, solidariedade, respecto, axuda mutua”. Igual que a peregrinación, esta produción audiovisual resultou laboriosa. Tardaron dous anos en rodalo, contando coa participación de 71 testemuñas e de dúas equipas de peregrinos e os seus cans que percorreron o Camiño desde O Cebreiro ata Compostela. “Foi unha experiencia moi complexa, non somos profesionais do audiovisual, tivemos momentos moi interesantes e intentamos ter o máximo humor que podemos”, declarou a Radio Fene Raquel Freiria. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora