Os veciños do Esteiro estrean Centro Social

Os veciños do Esteiro estrean Centro Social

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro e os veciños do Esteiro, na parroquia de Santa María do Castro, inaugurarán mañá sábado, ás 13.00 horas, a reforma da antiga escola unitaria do lugar, que foi desafectada polo Concello e convertida en Centro Social, unha infraestrutura que contribuirá a revitalizar e dinamizar o lugar. Ao acto, presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, está convidada a corporación municipal e as asociacións da p

A adecuación do Centro Social do Esteiro contou cun investimento próximo aos 50.000 euros, financiados ao 100% pola Deputación da Coruña. O edificio, ao que se lle meteron vigas para reforzar a súa estrutura, foi obxecto dunha reforma integral. No interior tiráronse tabiques e dividiuse en dúas plantas; a baixa está dedicada basicamente a sala de reunións e na planta alta hai aulas e oficinas. Tamén se fixeron tres aseos (un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida), colocouse tella nova, habilitouse un porche e retirouse parte do peche, que se atopaba en mal estado.

O concello anima a todos os veciños/as a participar neste acto.

Sociedade