Os vecinos de Redondela demandan unha mellora no transporte e un incremento nos servizos de atención á terceira idade

Os vecinos de Redondela demandan unha mellora no transporte e un incremento nos servizos de atención á terceira idade

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Así se pon de manifesto no estudo desenvolvido polo Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra e promovido pola Concellería de Xuventude, desenvolvemento local, consumo e transporte. O obxectivo deste traballo era coñecer as demandas e necesidade dos veciños polo que se realizaron 450 enquisas nas parroquias de San Estevo de Negros, Ventosela, Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Cesantes, O Viso e Quintela.

 

A primeira gran demanda detectada fai referencia á necesidade de ampliar a rede de transporte público cuns horarios adaptados ás necesidades reais da poboacións que faciliten a comunicación entre o casco urbano e as parroquias o que se traduciría nun mellor acceso a bens e servizos.

 

Os enquisados puxeron tamén de manifesto a necesidade de incrementar a prestación de servizos á cidadanía. Demandan un maior número de actividades deportivas e de animación destinadas á terceira idade, o acceso á asistencia sanitaria básica sen grandes desprazamentos e unha maior axuda nas labores da vida cotiá.

 

Os responsables políticos entenden que boa parte destas demandas están xa cubertas a través de diferentes programas municipais e prestacións desenvolvidas dende a administración aínda que si asumen a necesidade de buscar fórmulas que “reforcen a atención prestada actualmente polos servizos públicos”.

 

Con todo, a única medida prevista polo de agora dende a administración local redúcese á difusión do traballo en colectivos e asociacións.

Sociedade