ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O peirao de Curuxeiras volve ser protagonista dun exercicio de recuperación da memoria colectiva, neste caso da memoria industrial de Ferrol e a Comarca. A industria do bacallau tivo un importante papel no desenvolvemento industrial de Ferrol da man da empresa PYSBE.
PYSBE, cuxas siglas corresponden a Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España S.A., foi unha empresa española dedicada á pesca, preparación e venda de bacallau, así como outros produtos relacionados. Fundada en 1927 como sociedade anónima, destacou por ser unha das principais empresas na pesca de altura, especialmente en augas de Terra Nova, Groenlandia e Nova Escocia.
En 1945, a planta industrial de Pysbe en Ferrol entrou en funcionamento, manténdose operativa ata os primeiros anos da década dos setenta. Esta instalación converteuse nun modelo a seguir en canto a métodos de secado e preparación do peixe, xa que duplicou a produción total da Sociedade. Tiña unha capacidade para preparar unhas 14.000 toneladas métricas anuais. Esta planta funcionou ata 1973, ano no que pechou.
Ventos de bacallau é a iniciativa que, combinando a divulgación, a música e tamén a gastronomía, ven recordándonos dende 2022 que as expedicións pesqueiras a Terranova teñen marcado o desenvolvemento social e económico de toda unha comarca.
Da man de Emilio Romero, debullamos a proposta lúdica e divulgativa que entre o sábado 5 e o domingo 6 de xullo poderemos desfrutar na carpa instalada no Peirao de Curuxeiras.
Ás 19,00 horas do sábado 5 de xullo iniciarase o programa de “Ventos de Bacallau” cunha conferencia coloquio na que falaredes sobre patrimonio terrrestre, mariño e familiar que contará coa presenza de David Fernández Abella, experto en Historia medieval e antiga e arqueólogo subacuático; Susana Menéndez Seoane, que saberá moito do que pasa no peirao de Ferrol poque é a responsable do rexistro da Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao e tamén con Manuel Bouza Faraldo, que é mestre de educación física pero investigador e escritor neste caso autor dun libro sobre a pysbe que pescuda no universo das familias que viviron e medraron á sombra da factoría de bacallau.
O sábado haberá tempo tamén para a parte gastronómica co taller culinario “Descubrindo o libro de Receitas da Pysbe” e a parte musical contará co concerto de presentación do último traballo de Lidia India “Ata que o corpiño aghuante”.
O programa do domingo mesturará o músico e o gastronómico poñendo no centro das actividades o xantar popular, no que o protagonismo é, como non podía ser doutro xeito o bacallau. Na música abrirá o día as gaitas de Xoldaina, a sesión vermú a cargo de As Pías e xa pola tarde concertos con St. Jame’s Dixie Band e o peche con Vai Rañala meu!.
Unha homenaxe ao bacallau e á profunda pegada que deixou nesta comarca.
Publica o teu comentario agora