Os viquingos de Rio Castro invaden Redes

Os viquingos de Rio Castro invaden Redes

30 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os viquingos de Rio Castro (Limodre Fene A Coruña) invaden mañá sábado a localidade de Redes. Vestidos especialmente para a ocasión e cubertos cos cascos e cornos tradicionais, montarán nas súas embarcacións para dirixirse á veciña vila. Alí recibirannos con auga, pero logo darán paso á confraternidade e degustarán xuntos beberes e comeres. Xa de retorno nas inmediacións da praia de Rio Castro servir&aac

As actuacións musicais dos Super Ratones, Os Zares e de Carlos Rey servirán para rematar unha tradicional velada. Xa en agosto realizaráse a revancha e daquela serán os piratas de Redes os que invadirán á praza forte de Rio Castro.

Os viquingos

Os viquingos eran guerreiros e iniciaron as súas invasións da Europa cristiana nos séculos VIII e IX. Impulsan os ataques máis devastadores e de maior alcance da época. As naves viquingas foron as mellores da época. Tiñan unha sola e enorme vela e o seu calado pouco profundo permitialle achegarse á costa e penetrar terra adentro por rias e rios. Os ataques dos viquingos atemorizaban aos poboadores da costa. Procedían de Escandinavia.

Sociedade