Os xogadores atópanse ben

Os xogadores atópanse ben
17 de Xaneiro, 2022 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

"Catro casos de covid no Perlío obrigaron a suspender o partido da Primeira Galicia de fútbol que tíñamos que xogar contra o Maniños" sinala o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. "Os xogadores atópanse ben, algúns non tiveron ningún síntoma e outros tiveron síntomas leves nun par de dias, pero xa se atopan recuperados e esperamos que esta semana se poidan reintegrar aos adestramentos" indica Piñeiro. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

O Perlío agarda pola decisión da Federación para saber cando se xogará o choque de rivalidade local co Maniños.

Deportes

Publica o teu comentario agora