Os Xulgados de paz perden competencias

Os Xulgados de paz perden competencias

06 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Xulgados de Paz están contrariados, por non decir defraudados, pola reforma que o actual goberno pretende implantar. Manuel Vigo o Xuiz de Paz do Concello de Fene explicounos esta mañá os recortes e as consecuencias que acarrearán aos cidadáns. Segundo a reforma, os Rexistros Civís, que agora se encontran nos xulgados, trasladaríanse aos Rexistros da Propiedade máis cercanos e ademáis, haberá que pagar polos documentos e agardar m&aa

Ademais de levar os xuizos que non están relacionados con delitos, os xulgados de paz encárganse do rexistro civil. A reforma ten que ver con esta última parte, na que o goberno sustraelles esa responsabilidade e a delega nos Rexistros da propiedade ou no Rexistro mercantil.

Este cambio trae numerosos dilemas que afectan sobre todo aos cidadáns, xa que haberá que pagar por sustraer eses documentos e desplazarse ate Pontedeume, no caso do Xulgadod e Paz de Fene, para recollelos.

Aos Xulgados de Paz esta reforma sorprendelles moito xa que non hai moito o goberno investiu unha importante cantidade de cartos en modernizar, informatizar, e actualizar todas as oficinas de rexistro civil, nas que agora se poden atopar todo o sucedido (matrimonios, defuncions) dende 1950. "Non ten sentido que agora pretendan eliminar estas oficinas" declaraba o xuiz de Fene, manuel Vigo.

Sociedade