ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A ostra rizada pódese consumir en fresco e da pe a unha conserva artesanal de calidade. Con ese convencemento esta mañá as confrarías de Barallobre e Pontedeume presentaron a súa iniciativa para a posta en valor do produto.

As confrarías de Barallobre e Pontedeume presentaron esta mañá o proxecto de valorización da ostra rizada, Ostras do Ártabro, unha iniciativa promovida polos pósitos de Pontedeume e Barallobre (Fene) e financiado a través da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte. O proxecto, co que se pretende poñer en valor un recurso mariño que ata hai pouco era considerado unha especie invasora e de escaso valor comercial no Golfo Ártabro, nace co obxectivo de desenvolver unha proposta de consumo en fresco da ostra rizada, potenciando o consumo local e de proximidade e promovendo o seu aproveitamento mediante a súa transformación nunha conserva artesanal de calidade. Para iso desenvolveranse ao longo deste ano e do próximo, diferentes actividades de investigación, formación e transformación da ostra rizada, así como xornadas de degustación e divulgación das súas propiedades e calidades nutricionais. Asistiron á presentación a delegada territorial da Xunta en Ferrol Martiña Aneiros e a concelleira de Promoción Económica de Fene Angeles Coira. Aneiros aproveitou a ocasión para poñer en valor o traballo de ambas confrarías a prol da promoción da sustentabilidade da actividade pesqueira, impulsando iniciativas de transformación e valorización dos seus produtos.
Publica o teu comentario agora