ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O recadador de contribucións Aquilino Alonso prepara a comezos do século XX a ostreira de Perlío. Danlle autorización para instalar o parque ostrícola “La Perla del Rio” nunha parcela situada actualmente nas dependencias de Navantia Fene. Estefania Purriños, da oficina de turismo de Fene deunos detalles da ostreira de Perlío e do seu promotor.
Aquilino Alonso e Antonia Montero formaron un matrimonio importante de Fene. A actual rúa da Fraga levou o nome de Aquilino Alonso durante algúns anos. Antonia Montero segue a formar parte do rueiro de Fene. Natural da Pobra do Caramiñal, residente na Coruña e posuidor de Vila Antonia, na finca de Vierna, onde actualmente están as vivendas verdes de Astano, Aquilino Alonso comeza a principios do século XX a preparación dos terreos da ostreira e falece en Perlío, en abril do 33. Foi enterrado no cemiterio parroquial. A Ostreira recibiu a concesión en outubro de 1907 e participou na Exposición Galega celebrada en Santiago dous anos despois. O parque ostrícola media sesenta mil metros cadrados, seis hectáreas, o equivalente a nove campos de fútbol.
Publica o teu comentario agora